Un café

gora que pasaron as festas de Nadal, que fixeron propósito de emenda para este 2025, e xa non están tan presionados para aparentar felicidade desbordante, díganme, como o levan?


Tempo atrás as persoas buscaban nestas datas o camiño en determinados libros. Entre eles o máis lido din que segue a ser a Biblia, pero tamén habería que engadir o Tanaj xudeu e o Corán. De feito, as estatísticas falan dun repunte do feito relixioso, sobre todo cas igrexas evanxélicas. Así, Ferrol cada vez parécese máis ao que acontece no conxunto do país.


Pola contra, un fenómeno que vai parello é que aumenta o número de persoas non crentes. Pero, seguramente produto de vir da ruptura co feito relixioso, moitos seguen a buscar as resposta ás preguntas de sempre na lectura de libros de autores laicos.


Pero, a realidade é moito máis materialista e prosaica. Os termómetros da vida cotiá son outros. Hai un sector que vehiculiza –dun xeito moi simple– os desexos inmediatos da cidadanía como é o da hostalaría, e outro que permite ver a nosa verdadeira fortaleza, que si expresa a nosa capacidade real para ben vivir: o comercio da cidade. Así, a boa ou mala marcha da campaña de rebaixas, vai ser un dos termómetros da nosa calidade de vida.

Un café

Te puede interesar