Vivimos nun momento histórico no que cada vez máis, moita xente o ten moi difícil por non dicir imposíbel para mellorar das posicións socias de desvantaxe na que viven. Na actualidade, os fillos dos ricos seguen a ser ricos, os fillos das mal chamadas clases medias van seguir sendo clases medias, mais, os fillos das clases menos favorecidas, con toda probabilidade van seguir ocupando unha posición social desfavorecida. Polo xeral, en tódalas cidades europeas, atopámonos con barrios con inmensos desequilibrios sociais, co abandono e desleixo das institucións ademais de con grandes focos de marxinalidade. Lugares onde exercer a ensinanza ou os cuidados médicos por por un exemplo, é toda unha odisea para quen os realiza, dándose en moitos destes ámbitos como norma, fracasos importantes do sistema. Barrios onde cada dous por tres, saltan conflitos sociais, a maioría das veces recollidos polos medios de comunicación de xeito nesgado, sen ensinar ao resto da cidadanía, a realidade obxectiva de porque se dan estas situacións problemáticas.
Ao mesmo tempo, nos os afortunados socialmente, os cales moitos termos sen lugar a dubidas gañas de solucionar estes desequilibrios sociais, pensamos que con levar a cultura e os espazos verdes a estas zonas, o problema está resolto. Con certeza que compre levar estas dúas cousas a tódolos barrios, para facer estes máis habitábeis. Esta comprobado que nos districtos onde os espazos verdes dominan, onde a cultura empapa o barrio, estes vecindarios teñen menos problemas de diversa índole. Son realmente accións fulcrais, mais non son únicas. Por desgraza na Galiza, impúxose a falacia de que para conseguir situarse socialmente un ou dous chanzos por enriba da media, hai que esforzarse. É dicir a famosa cultura do esforzo importada dos EUA. Unha autentica falacia como podemos observar na Galiza, un pais onde a maior empresa que fornece de traballadoras as listas de desempregadas, son as nosas universidades. Unhas universidades onde a maioría das nosas rapazas, deíxanse os cóbados unha gran parte da súa xuventude, ademais de ser a etapa máis bonita da súas vidas, para conseguir ese triunfo social. A realidade é, que a maioría delas, van acabar facendo traballos non cualificados.
En definitiva a cultura do esforzo é un fraude e o que debemos facer para evitar ter zonas con desigualdades perentorias, ademais da dotación de zonas verdes ou de levar a cultura, debemos dar posibilidades as rapazas de ter traballos e saídas vitais que lles permitan vivir con dignidade, formar as súas propias vidas e deste xeito, ser elas mesmas as que poñan seus barrios en valor e expulsen aos inadaptados que por desgraza, sempre os houbo, hai e vai haber, aínda que compre dicir, son unha inmensa minoría minoritaria