A fenda dixital

usaron a crise sanitaria do Covid-19 para acelerar e impoñer unha dixitalización infumable a costa da propia cidadanía. Pretendían vendela antes como un signo da modernidade, e agora como algo que non ten marcha atrás e que hai que tragar aínda que non queiramos. O certo é que só serve para ter menos persoal contratado, vulnerar os dereitos das persoas usuarias e trasladarnos os custes económicos e medioambientais, e unha vía para que ti sempre quedes indefenso e non poidas protestar. A culpa sempre será túa.


Parecen non saber que o uso da dixitalización non é unha obriga para a cidadanía. Dar por sentado que para calquera xestión coa administración, para un curso de formación para traballadores en activo ou, simplemente, para comprar un produto tes que usar unha pantalla, o teu portátil, ou teléfono móbil é un abuso e, incluso, unha intromisión na túa intimidade. Unha vulneración dos teus dereitos fundamentais a ser tratado con respecto.


Así, asociacións cidadás e investigadores sociais veñen de reclamar a Bruxelas, e aos organismos da Unión Europea, que se garantan os servizos de atención ás persoas, fronte esta dixitalización para o beneficio único de empresas e administracións opacas.
 

A fenda dixital

Te puede interesar

Soledad Parral
Manuel Cendán
Soledad Parral
Manuel Cendán