En folga de fame

 carón da praza de España, fronte á porta do Equipo de Valoración de Incapacidades hai un traballador en folga de fame. Coñecerán o que pasa polas crónicas do Diario destes días e polo vídeo da súa filla. Non hai resposta oficial ás súas demandas e o que acontece é unha práctica cotiá, que para nada respecta os dereitos das e dos traballadores e dos pequenos empresarios.


Esta é a outra cara. Hai algunhas semanas o presidente Rueda sacaba peito na loita da Xunta contra o absentismo laboral. Segundo el a situación parte dun abuso por parte de xente que quere vivir sen traballar, claro que non asumía que os principais responsables do absentismo laboral dos traballadores e autónomos en Galicia son precisamente a Administración Autonómica e el como máximo responsable político.


A deficiente xestión do sistema sanitario público, que busca escusas para ese discurso de que as baixas por enfermidade común deben estar en mans das mutuas, así como vivir nun país onde non están recoñecidas as enfermidades profesionais, están no miolo do asunto. Á marxe de que esta deriva tóxica deshumaniza a atención ás persoas e as prestacións autonómicas e estatais. Mentres, traballadores e autónomos, á intemperie.

En folga de fame

Te puede interesar

Manuel Cendán
Soledad Parral
Manuel Cendán
Soledad Parral