Irving Penn

Por unha vez, teño que recoñecerlles que como ferrolán sinto envexa da cidade da Coruña. Oxalá unha entidade da dimensión da sociedade cultural de Marta Ortega fixera unha aposta tan decidida por Ferrol e esta comarca. A Fundación MOP podería ter a súa sede en Nova Iork, Londres ou Barcelona, pero decidiron apostar pola capital coruñesa, pola súa zona portuaria. No edificio rehabilitado pola arquitecta Elsa Urquijo. Parabéns a súa cidadanía.


Van tres exposicións que visito grazas á fundación de Marta Ortega. Tras Steven Meisel, Helmut Newton e, agora, puiden ver os traballos de Irving Penn. Este fotógrafo de familia rusa xudeu estivo estreitamente ligado á revista Vogue. As lecturas simples, que se poidan facer a pé de rúa sobre a fotografía dedicada á moda, son un erro.


Converte cada foto súa nunha obra de arte. Dálles un significado que conculca o consumismo capitalista.
O máis salientable é a aposta pola igualdade deste artista, que acabou fotografando tanto modelos, escritores como Capote, pobos africanos ou toda unha serie de bodegóns de obxectos, como os diversos oficios da clase traballadora americana. Os seus traballos son unha mirada moderna sobre todas as facetas da sociedade.

Irving Penn

Te puede interesar