Maleza e herbas pola zona de Doniños

ai anos, un matrimonio suizo chegou a Ferrol convidado por uns ferroláns emigrantes naquel país e quedaron marabillados  polas praias e a zona de Doniños, que cualificaron como un “diamante en bruto”. Coido que quererían dicir esmeralda, por iso da cor verde. 


Se aquelas persoas viñesen agora, quedarían abraiadas vendo as hortas a campo, a maleza e as herbas entrando nas pistas, as cunetas ches da fango e mosquitos, os eucaliptos crecendo desmadrados e ameazando estradas e fincas e moitas desas fincas esbandalladas pola agresión do “porco bravo”. 
Estas sí que son “cosas de aquí contadas desde aquí”, sen botar fango e lixo sobre ninguén, nin sequera contra os xabarís, pois os pobres animais fan o que saben. 


E abofé que o fan a concencia. Esaxerado? Pois veñan e vexan, porque “vale máis unha imaxe que mil palabras”. Ou non é?

Maleza e herbas pola zona de Doniños

Te puede interesar