Mulleres de Ferrol

las sempre silenciadas, sempre ocultas. A historia acernada porque esquece á metade da súa poboación. Incluso se falamos de oficios ou de construcións singulares e únicas, elas quedan sen voz. Cando se puxo en valor o traballo das mulleres, por exemplo, na construción do dique da campá? Alí, duascentas estibadoras retiraron miles de metros cúbicos de terra e pedras sobre as súas cabezas e cobraron menos ca os homes. Agora, afortunadamente, o Centro Dramático Galego reivindica o seu papel cunha obra de danza chamada “Dique”.
Un 20 de xullo de 1936, vinte mulleres vestidas de enfermeiras asaltan o buque militar “Almirante Cervera”. O seu obxectivo, axudar á resistencia, defender a democracia contra o franquismo. Non serán as únicas, moitas máis serán fusiladas polos sublevados. Serán a semente da resistencia durante a longa noite de pedra. Precursoras das mulleres de marzo de 1972, estas últimas farían a primeira manifestación de solidariedade cos traballadores de Bazán convertendo a mesma nunha loita do conxunto da sociedade ferrolá.
Elas organizaron a resistencia, os coidados, os saberes, a vida. Elas uniron pasado, presente e futuro. A historia de Ferrol resulta incomprensible sen elas. 

Mulleres de Ferrol

Te puede interesar