Paralelismo

Coido que se podería atopar algo de paralelismo entre certas situacións políticas de Europa e España. No caso de Europa, a saída dos británicos do seo da Unión Europea e, no caso de España, a intención de saída dos independentistas cataláns, que podería servir de porta de escape para outros independentismos menos belixerantes.


No primeiro caso, semella que a separación provocou tamén a división interna da poboación en dúas correntes: unha a favor e outra en contra de abandonar o sistema europeo. 


No caso español sucedería o mesmo, pois é ben sabido que non toda a poboación catalá está de acordo en saír do país que sempre consideraron como a súa Patria. Visto o tema por parte de analistas competentes, se chegou á conclusión de que o caso do Brexit foi a vitoria dun egoismo nacionalista e da xenofobia. 
No noso caso, eu non me atrevo a definir o asunto dunha forma tan clara e rotunda, pero semella que existe certo paralelismo, a lo menos, algo de egoismo, supremacía e falta de solidariedade sí parece que hai. Claro que eu non son quen para xulgar e se cadra teñen razón, como aqueles que preferían ser cabeza de ratón antes que rabo de león. Cada quen coa súa teima, non si?.

Paralelismo

Te puede interesar