O poder da risa

Sara subiu unha foto dela rindo ás súas redes sociais e ao pé puxo: “Nada é máis valioso ca risa”. Isto levoume a buscar o libro de Umberto Eco “O nome da rosa” e a revisar o diálogo entre o franciscano Guillerme de Baskerville e o vello bibliotecario cego da abadía Jorge de Burgos. Este último inspirado na figura de Jorge Luis Borges, por momentos tamén bibliotecario, que tiraba das súas dotes oratorias e memorísticas para paliar os impedimentos da súa cegueira.


Aquel debate versaba sobre o segundo libro de Aristóteles que Eco atribúe, fundamentalmente, ao estudio da comedia e da risa. O vello bibliotecario, convertido nun extremista defensor da súa verdade acaba sendo un asasino de todos aqueles que pretenden ler esta obra, ante o temor de que a reputación do filósofo grego converta o seu tratado sobre a risa nun poder subversivo. Non temes a aquelo do que fas burla.
A maiores, Jorge de Burgos cre que a risa pode provocar a libre elección da xente e do seu xeito de vivir, sen as normas impostas por uns que consideran que a súa é a verdade única e o seu poder lei, que hai que cumprir. En calquera caso, si, anoten: nada hai máis valioso ca risa, fomenta a felicidade e a liberdade das persoas.

O poder da risa

Te puede interesar