O trobador Xoán Rubia abriu co seu pregón a Feira medieval de Pontedeume

O trobador Xoán Rubia abriu co seu pregón a Feira medieval de Pontedeume
Xoán Rubia foi o pregoeiro da feira eumesa | Daniel Alexandre

Nada mellor para inaugurar unha feira medieval que contar cun trobador, e iso é o que é Xoán Rubia, aínda que trasladado á actualidade. O músico e escritor foi o encargado de abrir esta nova edición da feira e Pontedeume, que se prolongará durante toda a fin de semana e que xa na súa primeira xornada contou cunha importante participación de público de todas as idades.


Os postos abriron as súas portas ás cinco da tarde e polas rúas da vila eumesa se pasearon zancudos, charangas, autoridades, personaxes de época, faunos e irmandiños ata que Rubia asomou desde o balcón da Casa do Concello para dar por inaugurado o evento.

 

DSCF6810 21502481(1)
 


O día de hoxe volverá contar cunha inxente actividade, esta vez xa en horario de mañá e tarde. Ademais dos stands de venda, os pasarrúas e os espazos de gastronomía, sucederanse ao longo da xornada espectáculos variados de guerreiros medievais, combates e espadas. A alameda de aprendices, a Lucus medieval e a eira dos nenos serán citas de lecer.

O trobador Xoán Rubia abriu co seu pregón a Feira medieval de Pontedeume

Te puede interesar