O Ateneo Ferrolán pon en marcha un proxecto de crowfunding para recuperar o seu patrimonio

O Ateneo Ferrolán pon en marcha un proxecto de crowfunding para recuperar o seu patrimonio
Ateneo presentación de tres revistas

Diante da débeda de 39.000 euros debido á negativa do Concello de Ferrol a asumir os gastos coa empresa Mudanzas Félix, e para evitar o embargo do seu valioso patrimonio (hemeroteca, biblioteca, arquivos e enseres), o Ateneo está poñendo en marcha unha campaña de recollida de axudas que poida permitir a recuperación dos bens almacenados en seis contedores dende hai xa cinco anos.
A campaña centralizase na web https://achegas.ateneoferrolan.org/, a través da cal o Ateneo solicita a axuda das persoas preocupadas pola situación económica da entidade, quen poden colaborar a través desta web facendo contribucións con tarxeta de crédito ou transferencia bancaria, e incluso mediante a moeda virtual “faircoin”. O Ateneo recolle doazóns tamén na secretaría da entidade na súa propia sede. Na noite de onte, nunha xornada de posta en marcha da iniciativa, as axudas superaban os 800 euros.
Noutra liña de apoio ao Ateneo e á súa delicada situación, o Teatro Estaleiro da Sociedade Grupo Bazán vai celebrar unha función benéfica na propia sede do Ateneo Ferrolán mañá ás 20.30 horas, representando a comedia futbolística “Oé, oé, oé”.
Seguindo con este tipo de iniciativas solidarias, diversas sociedades culturais da cidade presentaron unha solicitude para poder utilizar o Auditorio de Ferrol o día 15 ou o día 16 de maio para unha gala solidaria co Ateneo Ferrolán sen que a súa petición fora contestada polo Concello, malia que o Auditorio non rexistrou ningunha actividade nestas datas. Estas entidades aseguran que volverán solicitar o Auditorio ao Concello ata que resposte a súa petición.
Onde si funcionarán será na localidade mugardesa do Seixo. O vindeiro 27 de xuño levarase a cabo unha xornada de festa, cultura e solidariedade coa colaboración da Sociedade Amigos da Paisaxe Galega. A directiva do Ateneo Ferrolán fai un chamamento a toda a cidadanía a participar nesta xornada de festa, así como a todas as xentes da cultura que queiran colaborar na iniciativa.   
Segundo o presidente, Eliseo Fernández, “Desde o Ateneo Ferrolán queremos agradecer profundamente a solidariedade da xente e dos colectivos coa nosa entidade, representativa da sensibilidade para coa cultura que sempre caracterizou á nosa sociedade”, adiantando este tipo de actos en outras localidades.

revistas de historia
Na xornada de onte, o Ateneo acolleu un novo ciclo de presentacións de varias revistas de historia e divulgación patrimonial feitas na comarca. En concreto houbo unha mesa redonda na que participaron Xosé María Torres (de “Terras de Ortegal”), Antonio Castro ( de “Hume”), e José López Hermida (de “Columba”), para falar dos seus respectivos proxectos editoriais. n

O Ateneo Ferrolán pon en marcha un proxecto de crowfunding para recuperar o seu patrimonio

Te puede interesar