Ata a vista

O certo é que debido á miña actividade institucional como concelleiro abandono este espazo que levo ocupando un tempo con regularidade. 
Non é posible nas miñas circunstancias dedicar o tempo que merecen tanto os lectores como o medio que publica estas columnas cada martes. 
É por tanto o momento de agradecer o esforzo a todas aquelas persoas que dalgunha maneira seguían as miñas reflexións. 
Tampouco podo deixar de pasar esta despedida sen de-sexar sorte a este diario, tan necesario na pluralidade informativa na comarca. 
Nese contexto un pensamento especial para todos os seus traballadores, os actuais e os que xa non o son. O mellor dos desexos para exercer unha profesión que pasa por momentos difíciles e que sen dúbida é imprescindible na nosa sociedade. 
 

Ata a vista

Te puede interesar