De La Coruña a Lorenzana, os topónimos deturpados en internet

De La Coruña a Lorenzana, os topónimos deturpados en internet
Mapa de Google onde aparece o topónimo de La Coruña/AEC

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou varias iniciativas para solicitar ao Goberno que esixa ás empresas que empregan aplicacións de xeolocalización que corrixan os “ deturpados” topónimos de Galicia e respecten a forma oficial.


Rego critica nun comunicado que, a pesar de existir “abundante lexislación” que obriga a distintas entidades, tanto públicas como privadas, a empregar correctamente a toponimia oficial”, “a realidade é que calquera persoa usuaria da internet atopa nos servizos de xeolocalización topónimos deturpados que nada teñen que ver coa versión oficial” dos nomes en galego.


Segundo o nacionalista, empresas como Google ou diversas redes sociais, que proporcionan aplicacións de xeolocalización, utilizan termos como “La Coruña, Vivero, Lorenzana, Orense…” que supoñen unha deformación dos nomes de lugares tradicionais galegos.


Rego remarca que o gran número de usuarios cos que contan estas aplicacións fai que o problema se agrave aínda máis, “pois fomenta que se normalicen e se entendan como correctas as formas recollidas e que van contra a legalidade toponímica de Galicia”.


Permitir estas deturpacións, en opinión do deputado do BNG, “lembra a tempos pretéritos nos que o respecto polo idioma e a cultura galega brillaban pola súa ausencia”.


Por iso, o parlamentario reclama ao Goberno central que se dirixa ás principais empresas que cometen estes erros para que os emenden porque hai que "garantir o estrito respecto" da toponimia "por parte de todos os organismos da Administración do Estado, así como das entidades privadas que a deturpan”, conclúe o deputado do BNG. 

De La Coruña a Lorenzana, os topónimos deturpados en internet

Te puede interesar