O Camiño de Santiago é unha fonte inesgotable de historias e experiencias para contar, como as que presentará Dinamia Teatro esta tarde de sábado, ás 17.00 horas, na Cooperativa Campo Capela, na Capela. Nesta peza, “Un alto en el Camino”, participan tres personaxes: Rita, “una hippie un poco chiflada”; Oscar, “un tipo extraño y nervioso”, e Víctor “un personaje entusiasta del Camino”.
Trátase dun encontro posibilitado a través de Dinamiz-ARTj, un programa da Red Cultural del Instituto para la Transición Justa (ITJ) e xestionado pola Fundación Ciudad de la Energía (Ciuden), ambos dependentes do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (Miteco).