A Xunta Local de Ares da Asociación Española Contra o Cancro (AECC) celebrará, xunto coa escola de baile Paso a Paso, unha actuación solidaria a finais de mes.
O evento terá lugar o domingo 28 a partir das seis da tarde no pavillón municipal e a entrada terá un prezo de cinco euros, que serán destinados as diferentes iniciativas que realiza a entidade. Aqueles interesados en asistir poderán solicitar máis información no número 900 100 036.