Son Radiofusión e a Agrupación Instrutiva de Caamouco colaboran para ofrecer un obradoiro este domingo, entre as 11.30 e as 17.30 horas, na parroquia aresá de Redes de construcción de máscaras para o Entroido. A artesá Luisa da Silva impartirá a sesión, que focalizará nos materiais de xunco e vimbio para as elaboracións.
A encargada de impartir a proposta, que ten o obxectivo de que perdure a arte ancestral da cestería, tamén utiliza corda e palla de centeo, ou incluso agullas de piñeiro, para a confección de bolsos, cestos e sombreiros. Esta vez, os participantes aprenderán a crear máscaras por medio tanto de materiais como métodos tradicionais. As prazas son limitadas, polo que hai que contactar con Son Radiofusión a través do correo sonradiofusion@gmail.com.