Os obradoiros de filosofía volven á Agrupación Instrutiva de Caamouco

"O desexo" será o tema central da sesión deste venres, para a que é preciso inscribirse
Os obradoiros de filosofía volven á Agrupación Instrutiva de Caamouco
Un dos últimos obradoiros da entidade, neste caso sobre toponimia | CEDIDA

A volta das vacacións de verán traen consigo o regreso dos obradoiros de filosofía que organiza a Agrupación Instrutiva de Caamouco, en Ares. “O desexo” será o tema central da primeira sesión, que, aínda que é totalmente gratuita, precisa inscrición previa á participación.


Tomás Cardeña será o encargado de conducir este encontro inaugural, que terá lugar este venres ás 19.30 horas, no centro social da Tenencia. O responsable repite como protagonista do programa despois da proposta dun taller intensivo para entender que é exactamente a filosofía, que se enfocou a persoas a partir dos doce anos de idade. Despois da reflexión sobre a utilidade, sentido e actualidade desta disciplina, xa sexa como actividade ou como forma de pensamento crítico, Cardeña avanza un paso máis coa nova temática.


O título “O desexo”  revela o contido principal sobre o que tratará a sesión. Este asunto, que podería cualificarse como unha clase de estado mental, presenta as características idóneas para o seu afondamento, dada a súa profundidade. Así pois, a organización anima a somerxerse unha vez máis na mente humana.
Os interesados en participar nesta cita deberán anotarse poñéndose en contacto co teléfono 617 349 252

Os obradoiros de filosofía volven á Agrupación Instrutiva de Caamouco

Te puede interesar