As Pontes elixirá o vindeiro sábado ao mellor conciñeiro de cogomelos de Galicia

As Pontes elixirá o vindeiro sábado ao mellor conciñeiro de cogomelos de Galicia
O acto estará aberto á cidadanía I Concello

O local da asociación veciñal A Choupana acollerá o vindeiro sábado, ás 10.30 horas, un acto aberto á cidadanía no que se entregarán os premios dos dous concursos micogastronómicos de receitas enmarcados nas xornadas “As Pontes, Terra de Cogomelos”. Nesta final, apuntou a edila de Turismo, Elena López, participarán tanto novos talentos da restauración como persoas afeccionadas á micoloxía. 

 

Na categoría profesional búscase nomear ao Mellor Cociñeiro ou Cociñeira de Cogomelos de Galicia –tanto de pratos salgados como de doces–. Resultaron nesta categoría finalistas Felipe Neto dos Santosco prato “Milfollas de pataca e champiñóns con picaña de tenreira”; Juan Carlos Agilda Santo con “Gyozas de boletus e pato con salsa de castañas e fiúncho” María García Lago con “Crema de boletus edulis con abelás tostadas”; Antony Coari Báez con “Crema silvestre de trompeta e améndoa con puntos de caqui e aire de amorodo” e María Fragoso Gundín con “Bombóns de boletus”.


Namentres, no outro apartado do concurso escolleranse as Mellores Receitas a Base de Cogomelos –tamén con apartado doce e salgado–. Optarán ao premio María Pico con “Trompeta dos mortos confeitadas con tuétano, puré de pataca e demi glass de lingua de vaca”; Fátima Filgueira con “Sparassis crispa á carbonara con boletus edulis”; Mónica Gómez con “Tartaletas de cantharellus”, Tomás Rodríguez con “Tortitas de cogomelos e requeixo do Eume”; e Carmen Martínez con “Cantareando, carne de mazá con cantarelas”. 

 

Máis de 18.000 tapas

A XIV edición do concurso “Saborea As Pontes”, organizado polo Concello e Cohempo, serviu un total de 18.019 tapas nos 15 establecementos adheridos a esta iniciativa. Delapiccola alzouse co primeiro premio na categoría de Mellor Tapa Pontesa 2024, seguida de Trastoy3. Estas dúas tamén foron as máis valoradas polo público, xunto coas propostas da Taberna de Pancho e Sarum (que mereceu unha mención especial).

 

Entrega Premios Saborea As Pontes
Entrega de Premios Saborea As Pontes I Concello

 

 

As Pontes elixirá o vindeiro sábado ao mellor conciñeiro de cogomelos de Galicia

Te puede interesar