Xornada de motivación emprendedora no PIE das Pontes

Xornada de motivación emprendedora no PIE das Pontes
Tomaron parte un total de 15 alumnos e alumnas do PIE | Xunta

O Programa Integrado de Emprego (PIE) das Pontes –no que tamén colaboran os Concellos das Somozas e A Capela– organizou una Xornada de Motivación Emprendedora para o seu alumnado, co obxectivo de ofrecerlles a información precisa para converter unha iniciativa persoal nun proxecto empresarial real.


A actividade contou coa presenza da delegada terriorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, ademais do director da zona da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, Juan José Couce. Aneiros recordou que o exectutivo galego financia este curso 2024-2025 un total de tres PIES nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal cunha achega de 580.000 euros –os promovido polo Concello de Ferrol e a Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol–.


Durante a xornada tomaron parte 15 dos 100 alumnos que participaron no PIE e deuse a coñecer o proxecto empresarial de Prometal Tecnología S.L., firma localidaza no polígono de Penapurreira, así como a incubadora de empresas da asociación Seara.


Pola súa banda, a responsable da área de Emprego do Consistorio pontés, Ana Pena, subliñou a importancia deste tipo de iniciativas, orientadas a “fomentar a cultura emprendedora entre a veciñanza así como a motivación e o acompañamento preciso para alcanzar un proxecto empresarial sólido e viable. Unha iniciativa que, ao mesmo tempo pon en valor o papel das persoas emprendedoras na nosa vila no mundo empresarial, dándolles visibilidade e o recoñecemento que teñen na economía local”.


Mentres, a delegada territorial aproveitou para dar a coñecer aos alí presentes o Polo de emprendemento de Ferrol, un recurso posto en marcha en 2022 co obxectivo de impulsar e consolidar proxectos. Neste sentido, asesoráronse máis de 370, o 63% deles iniciativas de mulleres. 

Xornada de motivación emprendedora no PIE das Pontes

Te puede interesar