Sen prexuízos e con normalidade. Así enfocan os seus promotores o Desafío Galego, proxecto nado hai uns anos no IES Concepción Arenal e exportado xa ao Sofía Casanova. Este exercicio de inmersión implicou esta edición a 219 rapaces e rapazas de Bacharelato coma Inés Morado e Candela González, que teñen unha conta moi divertida e interesante en TikTok. Parabéns a Abalde pola iniciativa e a todos os participantes pola valentía.