Os rapaces do Nicolás del Río de Cedeira levan fóra a poesía, no proxecto “Literarrúa”

Os rapaces do Nicolás del Río de Cedeira levan fóra a poesía, no proxecto “Literarrúa”
Os alumnos do Nicolás del Río e IES Punta Candieira organizan actividades polas Letras

O proxecto “Literarrúa” no que traballaron as Equipas de Dinamización da Lingua Galega dos centros educativos cedeireses e o Concello poñerase hoxe en práctica, trala selección de fragmentos de poemas para determinadas rúas, prazas e lugares das parroquias que fan referencia a toponimia dos mesmos. 

 

Así, hoxe terá lugar un acto no CEIP Nicolás del Río, e da man do concelleiro Noel López, leeranse os poemas seleccionados para despois desprazarse por grupos ás localizacións elixidas, e deixar un cartel co poema no lugar sinalado. Será no comezo do próximo curso cando se formalice a proposta e se trasladen os versos a pasos de peóns, placas, paredes, etc. 

 

Ademáis en conmemoración do Día das letras, adicado  a Luísa Villalta e o Día da Homofibia e Transfobia, no IES Punta Candieira repartirase hoxe material que,  baixo a dirección do Departamento de Lingua e Literatura Galega, e por parte do alumnado de 2º de ESO, realizouse cunha escolla de poemas de Luísa Villalta, que foron ilustrados polos propios escolares. 

 

Paralelamente, dende o Departamento de Igualdade e coa implicación do Ciclo de Administración elaboráronse flores de papiroflexia para a diversidade., que tamén será distribuido. No Concello depositarase unha caixiña de material para que calquera poida poda coller o que desexe. Seguirán a distribución na Biblioteca Municipal, no Centro de Saúde, na cafetería do Auditorio Municipal, na Escola Infantil e na Praza 18 de decembro.  

Os rapaces do Nicolás del Río de Cedeira levan fóra a poesía, no proxecto “Literarrúa”

Te puede interesar