Alejandra Bellón: "As Peras é a exaltación de pertencer á vila de Pontedeume"

Alejandra Bellón: "As Peras é a exaltación de pertencer á vila de Pontedeume"
A concelleira de Cultura de Pontedeume, cos preparativos de mómaros e cabezudos | Jorge Meis

Pontedeume prepárase dende mañá para cinco días de festa, pero non só iso, prepárase para lembrar o que significa ser da vila ou sentirse dela,  aínda que non naceras ou residas nela.
A concelleira de Cultura, Alejandra Bellón, fai fincapé precisamente no que denotan As Peras, “é a exaltación da pertenza á vila, tanto da xente propia como dos de fóra”. É sentimento, tradición”.


A Festa das Peras debe o seu nome á celebración que terá lugar o sábado, o Día das froitas, cun concurso que é xa un reclamo para moitos e no que a concelleira destaca que segue a vir xente de toda a comarca, contanto coa colaboración da Asociación Galega de Froita Autóctona do Eume. Haberá premios e degustacións como todos os anos.


Pero se algo se asocia coa chegada destas celebracións eumesas é a saída á rúa dos mómaros e cabezudos, que dende hoxe serán uns veciños máis da vila.
A concelleira lembra que os máis cativos xa levan días esperando esta chegada porque “son moi nosos” e por iso non poden faltar nestas celebracións.
Tampouco o fan cada ano eventos como a cucaña do venres coa queima do galán ou os boliños de San Nicolás do domingo.


O peche do programa, o luns, coa xira ao Eume, completará unha extensa programación de cinco días, nos que, como recoñece a concelleira, “non son unhas festas ao uso, con orquestas e actividades nocturnas” porque durante este tempo, Pontedeume será un fervedoiro de xente, de cultura, de deporte, de xolda e tamén, como non, de variada música.


A edila de Cultura chama a atención precisamente sobre estas actividades paralelas que enchen as rúas nestes días. O recital Ramiro Fonte afronta este ano unha nova edición na que participán, ademais de poetas consagrados, outros noveis e nenos recitando a poesía deste afamado autor. É un dos ingredientes a destacar.
Neste senso, Bellón apunta que se busca o recoñecemento de Ramiro Fonte no Día das Letras Galegas e a Festa das Peras non pode esquecer este feito.


Pero estes festexos son tamén teatro, música e mesmo deporte, xa que hoxe mesmo haberá un torneo de fútbol sala e se inclúen na programación pesca deportiva ou balonmán.


Si As Peras reflicte que todos estes actos van máis alá de actuacións, o pregoeiro deste ano é un exempro claro diso.
O pianista James Rhodes, sen vinculación algunha con Pontedeume, deixou nas súas redes sociais unhas cartas de presentación para a vila que, dado o número de seguidores que ten o artista, puxeron á Pontedeume no punto de mira de milleiros de persoas. Non foron só palabras, senón tamén fotografías que amosan espacios tan fermosos como As Fragas do Eume


Como explicou a concelleira, Pontedeume non podía deixar pasar ese agarimo amosado e por iso lle pediu ser o pregoeiro, como exemplo claro de que non hai que ser da vila para sentila e ser un namorado da terra.

 

Tamén cine, con Rapa

E da música ao cine. Pontedeume non só terá un escaparate nas redes sociais de Rhodes, senón que as imaxes do concello quedarán inmortalizadas na nova tempada da serie Rapa. A rodaxe da terceira tanda do filme, que se está a levar a cabo agora en distintos municipios da comarca, chegará, o día do colofón das Peras, a Pontedeume.
Así o confirmu a concelleira de Cultura que indicou que as cámaras chegarán a Pontedeume o día 11, coincidindo ca derradeira xornada de festa, o día da xira, para gravar na vila e despóis quedarán nela ata o día 12.
Que mellor fin de festa que o cinematográfico para unhas Peras que superan a xolda patronal para seren xa todo un referente cultural, musical e deportivo da fin de verán na comarca.

 
Unha tradición mái alá do relixioso, a bendición dos bolos e renovación do voto

O domingo, a Festa das Peras trae consigo unha celebración con moita historia, a bendición dos bolos. Esa homenaxe a San Nicolás ten a sua orixe, como explicou a concelleira de Cultura, nos incendios de 1600 e na historia das reliquias de San Nicolás. As ofrendas e peticións ao santo axudaron aos veciños que, aínda hoxe, lembran esta historia coa bendición dos bolos e o reparto dos mesmos, A tradición pasa de familia en familia cada ano, son os vicarios, encargados dos boliños que seguen a servir como protección contra o lume. Nesta ocasión, será a familia Lapique García a que actúe como vicaria neste acto, na igrexa de Santiago.

 

A cucaña, unha cita para nenos e maiores, con queime do galán incluido

Se a Festa das Peras identifícase cos mómaros, tamén o fai mañá coa cucaña. “En toda a redonda non hai cucaña coma a de Pontedeume”, sentencia a concelleira Alejandra Bellón. E iso é así porque se segue coa tradición de subir ao pao untado e coller a bandeira ou pano como se fixo sempre, tentando non caer antes a auga. O espectáculo remata coa queima do Galán, un moneco montado nun caiuco que voga para que a embarcación dea voltas. 
Todo conclúe cando estoupa e salta polos aires, caendo ao chan.

Alejandra Bellón: "As Peras é a exaltación de pertencer á vila de Pontedeume"

Te puede interesar