Ares rehabilitará o lavadoiro de A Torre en Cervás

Ares rehabilitará o lavadoiro de A Torre en Cervás
Imaxe do lavadoiro obxecto da intervención municipal | Cedida

O Concello de Ares recuperará o lavadoiro de A Torre, en Cervás, tras serlle confirmada unha subvención da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio. Así o informou nas derradeiras horas a concelleira de Urbanismo, Olimpia Marcos, unha vez que o Concello vén de recibir por parte do Instituto de Estudos do Territorio a concesión dunha axuda por importe de 20.000 euros, dentro da liña do organismo autonómico destinada a actuacións de corrección de impactos paisaxísticos.


O traballo de rehabilitación proxectado polo Concello ascende a un total de 31.876 euros, polo que será a administración local a encargada de sufragar o importe restante á axuda concedida.


O lavadoiro público da A Torre, atópase situado na parroquia de Cervás, no bordo do camiño de A Pena, cun vaso propio do lavadoiro e unha fonte separada deste. Actualmente o perímetro do espacio de lavado está resolto con muros de ladrillo revestidos con revoco de morteiro de cemento e acabado con pintura. 


Todo o conxunto arquitectónico presenta un grado de envellecemento e patoloxías avanzado (fisuras, desconchados ou manchas, entre outras). Tanto os materiais construtivos utilizados como o seu estado de deterioro, fan que a estrutura se atope en pouca consonancia co entorno rural no que está ubicado.


A concelleira de Urbanismo, Olimpia Marcos, explicou que a intervención municipal centrarase na mellora de revestimentos e acabados, empregando revestimientos nobles e acordes ao medio e na rehabilitación do vaso do lavadoiro, así como da seguridade estructural do conxunto, coa mellora da estructura de cuberta.


Deste xeito, en lugar das fachadas actuais de bloques de ladrillo e formigón, a fachada se revestirá de pedra natural e muretes de canteiría. En canto á cuberta, substituiranse as actuais viguetas de formigón pretensado e pranchas de fibrocemento, por unha nova estructura de madeira e tella cerámica curva.


A concelleira aresana destacou que se trata dunha nova intervención inscrita no plan que ten en marcha o  goberno local de Julio Iglesias para recuperar as fontes e lavadoiros públicos da localidade, na liña de actuacións anteriores que permitiron a rehabilitación dos lavadoiros do río Baixolo en Seselle ou o de Bulleiro en Lubre, e que continuará con similares intervencións como a que se executará no lavadoiro de A Torre, en Cervás, ou na fonte de A Tella, en Lubre.


Elementos singulares 


Por medio desta serie de actuacións “preténdese devolver ás parroquias uns elementos singulares do seu patrimonio arquitectónico e da súa historia, posto que foron tradicionalmente lugares de encontro da veciñanza, fundamentalmente das mulleres, que forman parte da memoria común da nosa vila”, como enfatizou Olimpia Marcos. 

Ares rehabilitará o lavadoiro de A Torre en Cervás

Te puede interesar