As Pontes contará cun club de saúde para enfermos de cancro

As Pontes contará cun club de saúde para enfermos de cancro
Un instante do encontro no que se presentou a iniciativa | Concello

O Concello das Pontes e a Asociación Española Contra o Cancro (AECC) implusarán no municipio un club para mellorar a saúde integral das peroas afectadas por esta enfermidade, familiares e superviventes. A iniciativa foi presentada nun encontro que estivo presidido polo alcalde, Valentín González Formoso e a edila de Benestar Social, Tania Pardo. Nel participaron tamén representantes da Xunta Local da AECC das Pontes.


Este proxecto piloto foi posto en marcha xa con bos resultados nos municipios de Cedeira, Melide e Vimianzo. A xuízo do rexedor, a proposta permitirá abordar a enfermidade dende outros puntos de vista, máis aló dos médicos e farmacolóxicos. Neste sentido, recalcou que se traballará en aspectos como a nutrición, pautas de exercicio físico ou ferramentas para fomentar unha boa saúde mental.


O Consistorio pontés ofreceu toda a súa colaboración para a posta en marcha do club, que botará a andar a mediados do vindeiro mes de marzo, e anima á veciñanza a sumarse á proposta.


Pola súa parte, a coordinadora de Desenvolvemento Territorial da Xunta Provincial da Coruña da AECC, Rocío García de la Barga, explicou que esta iniciativa busca abordar o resto de temas que rodean ás persoas enfermas e coidadoras.


Neste club ofrecerase un espazo para compartir experiencias, un entorno no que socializar e empatizar con outros que están a pasar pola mesma situación.


En total, prevese que se inclúan 21 sesións dunha hora de duración, que serán semanais e que se desenvolverán no centro de saúde da localidade, da man dun equipo de profesionais. 

As Pontes contará cun club de saúde para enfermos de cancro

Te puede interesar