Besteiro promete derrogar o Plan Reitor das Fragas do Eume e compensar aos propietarios

Besteiro promete derrogar o Plan Reitor das Fragas do Eume e compensar aos propietarios
O candidato socialista reuniuse con propietarios das Fragas e responsables políticos do Eume I CEDIDA

O candidato socialista á presidencia da Xunta de Galicia, Xosé Ramón Gómez Besteiro, comprometeuse a derrogar o Plan Reitor de Usos e Xestión das Fragas do Eume no caso de chegar ao goberno autonómico e a consensuar un novo no que se contemplen compensacións xustas aos propietarios dos terreos incluídos e medidas para aproveitar economicamente este espazo natural.


Gómez Besteiro reuniuse cos donos das terras e con responsables políticos dos concellos que abranguen as Fragas (As Pontes, A Capela, Cabanas, Pontedeume e Monfero) e criticou a falta de consenso coa que se aprobou un Plan “con máis de vinte anos de retraso, provocando perdas economicas e ambientais, impoñendo normas con total descoñecemento da realidade e recortando dereitos”. 


O PRUX, segundo o plan socialista, debería contemplar a compra das 433 hectáreas de máxima protección e unha fórmula de compensación aos propietarios dos terreos en zonas con limitacións. Considera a partida destinada pola Xunta á compra de fincas como “unha tomadura de pelo” e apuntou a un modelo colaborativo no se ceda o uso a Medio Ambiente para que sexa a Consellería a que se ocupe do mantemento, xestión e plantación. 


Tamén falou Gómez Besteiro de aproveitar nos mercados internacionais o beneficio ecolóxico pola absorción de carbono que proporcionan os montes galegos.


O candidato socialista reclamoulle ademais á Xunta que arranxe os accesos ás Fragas, volva abrir ao tránsito as pontes colgantes, poña en valor os restos arqueolóxicos e divulgue os atractivos das zonas medias e altas, máis alá de Caaveiro.

Besteiro promete derrogar o Plan Reitor das Fragas do Eume e compensar aos propietarios

Te puede interesar