O BNG acusa ao goberno de Cabanas de renunciar á humanización da avenida do Areal

O BNG acusa ao goberno de Cabanas de renunciar á humanización da avenida do Areal
O proxecto de humanización afecta á marxe dereita da estrada I GOOGLE MAPS

O BNG de Cabanas acusa ao goberno local de renunciar a realizar a obra de humanización da avenida do Areal, no seu tramo entre a glorieta da ponte e o supermercado Comesano, unha zona da N-651 moi comercial e transitada. O bipartito de PSOE e BNG presentara un proxecto que incluía a mellora da accesibilidade e seguridade viaria coa instalación de plataforma única, pasos de peóns, reordenación dos aparcadoiros, reubicación das paradas de autobús e melloras nos dous cambios de sentido (Día Oito e Tras da Vila). Tamén se cambiaría o alumeado por luces LED e se instalarían novas canalizacións para a auga, pluviais e saneamento. En total, sería unha inversión de 532.000 euros cun aporte da Deputación de 180.000.


O actual goberno, do PP, argumentou en comisión de Urbanismo que non seguirá con este proxecto porque a estrada é de titularidade estatal.


O BNG lembra que Cabanas decidiu asumir a obra ante a inacción dos gobernos do Estado e lamenta a “actitude soberbia” do alcalde actual.

O BNG acusa ao goberno de Cabanas de renunciar á humanización da avenida do Areal

Te puede interesar