O deputado do BNG Mon Fernández defendeu unha proposición non de lei na Comisión de Industria que acadou un acordo unánime para instar á Xunta a promover “a retirada ou soterramento das liñas de alta tensión” que sobrevoan o barrio de San Valentín, en Fene.
Na defensa da proposta, o nacionalista explicou que non è a primeira vez que a formación traslada ao Parlamento galego a preocupación dos veciños, veciñas e comunidade escolar do CPI ante o risco de dúas torres de alta tensión e o seu cableado na zona.
O deputado sinalou que o barrio sempre foi unha zona onde o vento faise notar con moita forza, “forza e virulencia de temporais que afectaron gravemente ás torres e liñas eléctricas”.
Considerou, así mesmo, que a retirada ou soterramento das liñas será complexa e pode precisar do concurso de máis administracións, “pero urxe que o primeiro paso sexa responsabilidade da Xunta e co compromiso para o traslado da estrutura eléctrica”.
Dende a formación afirman que se manterán “vixiantes” ao cumprimento deste acordo, co obxectivo de que “non fique nun meno anuncio electoral por parte do Partido Popular”, apuntou o responsable comarcal.