Campaña de promoción do comercio local no concello de San Sadurniño

Campaña de promoción do comercio local no concello de San Sadurniño
A proposta do Concello consiste en decorar diferentes espazos co obxectivo de ambientar estas datas | c.g.

O Concello de San Sadurniño, en colaboración cunha vintena de establecementos locais, volveu poñer en marcha durante todo este mes de decembro a campaña “Polo Nadal, consumo local” de promoción do comercio e os servizos coa que se tenta fidelizar clientela e poñer en valor a calidade tanto dos produtos como da atención que ofrecen os negocios do municipio.
 

Deste xeito, por cada compra efectuada, o cliente recibirá unha rifa para entrar no sorteo de cestas cargadas de variados produtos, sobre todo alimentos elaborados de proximidade. Por compras ou consumicións de ata 10 euros de importe, recibiranse boletos para o sorteo de cestas valoradas en 70 euros cada unha. Pola súa banda, por cada pago que supere os 10 euros, optarase a outras tres valoradas en 140 euros. Os negocios adheridos á campaña entregarán as rifas ata o vindeiro día 31, segundo se informou.
O sorteo público terá lugar o 4 de xaneiro, ás 12.00 horas, no salón de plenos do Concello e a entrega dos premios está prevista para o día 7, ás 12.00 horas, na Casa da Cultura.

 

Últimos días para enviar ás fotografías á nova edición da proposta “Engalana o teu concello”

Ás 14.00 horas deste venres día 23 rematará o prazo para poder enviar as fotografías que desexen participar nunha nova edición da proposta “Engalana o teu concello”, impulsada polo goberno de San Sadurniño. A idea consiste en decorar xardíns, fachadas, escaparates e incluso espazos públicos con motivos típicos destas datas para contribuír así a ambientar as festas. As persoas interesadas teñen que enviar tres imaxes das decoracións –unha delas desde a vía pública– xunto cos datos do lugar, a categoría na que se participa –individual, colectivo ou establecementos e negocios– e o contacto. Poden enviarse ao whatsapp 616 332 919 ou a agustin.perez@sansadunino.gal. Entre os participantes sortearanse 12 vales de 50 euros na categoría individual, canxeables no comercio local; 6 para xantares ou ceas, no apartado colectivo; e 1 vale para catro persoas, tamén canxeable por un xantar ou cea, no grupo correspondente a negocios locais. O sorteo terá lugar o 4 de xaneiro (12.00 horas) no salón de plenos do Concello e serán entregados o día 7, xunto aos correspondente á campaña de promocio´n do comercio “No Nadal, consumo local”.

Campaña de promoción do comercio local no concello de San Sadurniño

Te puede interesar