O Centro Comercial Odeón iniciou nos últimos días unha campaña baixo o título “Bienvenido Otoño”, que ten por obxectivo premiar á súa clientela con motivo da chegada da nova estación. Con dito motivo repartirán vales de compra de 50 euros entre todas aquelas persoas que acumulen tickets de compra ata o vindeiro día 28, por valor superior a 150 euros.
Nesa mesa xornada, a partir das once da mañá, poderán presentalos no espazo situado na praza de eventos, para conseguir o seu vale de compra.
Farase entrega dun por persoa, por rigorosa orde de chegada. “Los agraciados tendrán los días 30 y 31 de octubre y 2 de noviembre de 2023 para disfrutar el premio”, explican. Deberán acudir ás oficinas da xerencia de Odeón ou chamar ao número de teléfono 981 397 940 para comunicar as reservas e as tendas nas que se realizaron as compras.