O Concello de Cabanas acolle hoxe un festival “dog-friendly” na praia canina da Madalena

O Concello de Cabanas acolle hoxe un festival “dog-friendly” na praia canina da Madalena
A praia da Madalena ten un espacio reservado para cans | JORGE MEIS

Dende o Consitorio promoven a iniciativa baseándose, nun primeiro lugar, nos beneficios da tenencia de animais para a saúde así como na responsabilidade necesaria para ter unha mascota.


O festival comezará as 11.30 horas e contará cun mercadillo solidario e una zona de xogos para os máis pequenos.


Durante a xornada haberá varias charlas con diferentes temáticas acerca dos cánidos, da man de diversos expertos.


Asimismo, terá lugar unha exhibición de obediencia deportiva e detección, un desfile da Protectora Arco da Vella e outro popular.


O evento culminará cunha andaina en manada, programada para ás 20.30 horas, como antesala á clausura.

O Concello de Cabanas acolle hoxe un festival “dog-friendly” na praia canina da Madalena

Te puede interesar