O Concello de Neda opta polos artistas locais na noite máis consolidada do municipio

O Concello de Neda opta polos artistas locais na noite máis consolidada do municipio
O paseo será o escenario dos artistas I EMILIO CORTIZAS

Precedendo á Festa do Pan de Neda, como xa é costume, terá lugar a Noite Bolos. O 31 de agosto o paseo marítimo de Xuvia encherase dunha “aposta sen paliativos polo local”, afirman dende o consistorio local.
Malditos Pendejos, que xa ten unha longa traxectoria, ven acompañado pola banda Keepers e, tamén, con solistas como Aka Fresh. Este último artista será, nesa noite tan aclamada, o primeiro en subir ao escenario, ás 21.30 horas dará comezo a antesala da Festa de Interese Turístico de Galicia.


Pola súa parte, poderase desfrutar dun estilo urbano, no que predominan os xéneros de trap e hiperpop. Despois, Keepers, que estiveron nos escenarios do Resurrection Fest, traerá un repertorio cargado de clásicos do rock e auténticos himnos do metal que terán alternancia con temas propios.
Pecharán Malditos Pendejos co seu potentísimo directo no que combinan versións dos clásicos do rock e temas propios dos seus discos “El puto Rock&Roll” e “Revivir”, sempre coa influencia das míticas bandas dos 70 e 80.


A proposta busca o apoio das bandas e artistas locales pero sen esquecer a variedade entre os gustos do público.

O Concello de Neda opta polos artistas locais na noite máis consolidada do municipio

Te puede interesar