A Deputación da Coruña contará no presente mandato con dez áreas diferentes de goberno

A Deputación da Coruña contará no presente mandato con dez áreas diferentes de goberno
Un momento da sesión plenaria de organización da Deputación I Cedida

O pleno da Deputación da Coruña aprobou onte por unanimidade a proposta de organización do goberno provincial para o funcionamento da institución no presente mandato, que se prolongará ata o 2027. O executivo estará conformado polo PSOE e o BNG e presidido por Valentín González Formoso, acompañado novamente por Xosé Regueira Varela na Vicepresidencia.


Así pois, aprobouse a creación de dez comisións informativas –unha máis que no anterior mandato– que estarán presididas polos seguintes deputados: José Ramón Rioboo ocuparase de Facenda, Recursos Humanos e Avance Dixital; María del Mar García asumirá Política Social, Educación e Mocidade –tendo Eudoxia María Neira a delegación especial en materia de Educación e Mocidade–; Cristina Capelán será deputada de Sectores Productivos: Mar e Medio Rural; Cristina García Rey levará os departamentos de Plans Provinciais e Asistencia a Municipios; Xosé Regueira ocuparase de Promoción Turística, Artesanía, Comercio e Cadea Agroalimentaria; Mónica Rodríguez será deputada de Infraestruturas Viarias e Obras Provinciais; Natividad de Jesús González ostentará os departamentos de Cultura, Igualdade, Lingua e Dereitos Civís –coa delegación especial para María Soledad Agra–; Xosé Penas encargarase de Contratación, Patrimonio e Equipamento; Rosa Ana García levará as áreas de Industria, Empresa, Medio Ambiente, Emprego e Política Demográfica; e Antonio Leira Piñeiro será deputado de Deportes.


En canto á Xunta de Goberno, reunirase o primeiro e o terceiro venres de cada mes e as sesións plenarias ordinarias levaranse a cabo con periodicidade mensual, o último venres de cada mes ás doce do mediodía.


No que respecta ás retribucións, o presidente pasa de 77.394 euros brutos a 80.000 €, mentres o vicepresidente pasa dos 68.171 euros a 72.369,75 euros anuais. Os deputados con dedicacións exclusivas –o pleno aprobou un total de 17, as mesmas que no anterior mandato, incluídas as do presidente e vicepresidente– terán unhas retribucións de 69.441,14 euros brutos ao ano.
Mentres, as indemnizacións por asistencia a pleno seguen en 591 euros, 370 para as comisións e Xunta de Goberno. 

A Deputación da Coruña contará no presente mandato con dez áreas diferentes de goberno

Te puede interesar