A Deputación dá luz verde aos primeiros 8,9 millóns de euros do Plan Único 2023 para as tres comarcas

A Deputación dá luz verde aos primeiros 8,9 millóns de euros do Plan Único 2023 para as tres comarcas
Un instante da sesión plenaria I Cedida

A Deputación da Coruña celebrou onte o derradeiro pleno do actual mandato, no que se aprobou por unanimidade a asignación dos primeiros 47 millóns de euros do Plan Único (POS+2023), que inclúen financiamento para 200 obras nos municipios da provincia, así como sete millóns de euros para gastos sociais. 


Trátase da primeira achega do POS+2023, que este ano conta cun orzamento total de 89 millóns de euros para os 93 concellos coruñeses. “O Plan Único é o maior plan de obras e servizos das catro deputacións galegas e un dos máis importantes de España, con achegas económicas aos municipios que, ao final do ano, representan entre 90 e 100 millóns de euros anuais, case a metade do orzamento da Deputación da Coruña. Ademais, permite que sexan os municipios os que decidan o destino de fondos en función das súas necesidades: obras e investimentos, mantemento de servizos públicos esenciais, gasto corrente, redución da débeda ou mantemento de servizos e axudas sociais”, aseveran desde o organismo. 

 

Aportaciu00f3n provincial por concellos
Aportación provincial por concellos


No caso das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, a consignación ascende a un total de 8,9 millons de euros –7,5 correspondentes ao POS+2023 e 1,3 ao POS+ Social–, coas que se levarán a cabo un total de 43 obras.


No caso de Ferrol, a Deputación aportará 4,7 millóns de euros, 2,2 na do Eume e 1,6 na de Ortegal, aos que hai que sumar os 215.321,80 que se lle conceden a Vilarmaior –municipio que non pertence ás comarcas pero que a Deputación inclúe–.


Dende o organismo provincial explican que só 11 dos 93 concellos da provincia optan por destinar unha parte destes fondos –en concreto, un total de 68.414 euros– á amortización de débeda, “o que é indicativo da boa saúde económica (...) tras anos nos que os fondos do Plan Único lles permitiron amortizar as súas débedas sen xuros”. 

A Deputación dá luz verde aos primeiros 8,9 millóns de euros do Plan Único 2023 para as tres comarcas

Te puede interesar