Marián Ferreiro asina a resolución das áreas que ostentarán os seus edís neste mandato

Marián Ferreiro asina a resolución das áreas que ostentarán os seus edís neste mandato
Marián Ferreiro (de blanco) xunto ao seu equipo de goberno no pleno de investidura I Cedida

A alcaldesa da Narón, Marián Ferreiro, asinou hoxe as delegacións que asumirán os integrantes do grupo de goberno durante o actual mandato. 


Así pois, o concelleiro Manuel Ramos asumirá as áreas de Servizos, Medio Ambiente e Sanidade; Natalia Hermida as de Formación e Turismo; Pablo Mauriz as de Mobilidade, Urbanismo, Obras e Infraestruturas Públicas, Persoal e Recursos Humanos; Ibán Santalla as de Deportes, Mocidade e Lecer; Román Romero as de Facenda e Novas Tecnoloxías; Olga Ameneiro as de Promoción Económica, Promoción e Xestión de Polígonos Industriais, Participación Cidadá, Cooperación no Ensino e Bibliotecas; Mar Gómez as de Estatística, Transporte Público, Feiras e Mercados, Ocio e Festexos; José Oreona as de Seguridade Cidadá, Speis e Patrimonio e Bens Inmobles e María del Carmen Lorenzo as de Igualdade, Benestar Social e Política Lingüística.


Pola súa banda, O edil Manuel Ramos será o primeiro tenente de alcalde e os edís Manuel Ramos, Román Romero, María del Mar Gómez, Olga Ameneiro, María del Carmen Lorenzo e José Oreona integrarán a Xunta de Goberno Local.


En canto ás portavocías dos diferentes grupos municipais, Román Romero asumirá a de Terra Galega, Germán Castrillón a do Partido Popular, Olaia Ledo a do Bloque Nacionalista Galego e Silvia María De Arriba a do PSdeG.

 

Diálogo

Marián Ferreiro foi investida hai unha semana como alcaldesa de Narón, nun pleno extraordinario celebrado ao mediodía do pasado sábado na casa consistorial.


Durante a súa intervención, agradeceu o traballo do seu equipo, así como do persoal municipal, ademais do apoio recibido por parte dos naroneses e naronesas, que lles concederon o 45% dos votos nos pasados comicios do 28 de maio.


Dirixiuse tamén a rexedora ás restantes formacións que compoñen a corporación, apelando ao diálogo “como ferramenta coa que construír consensos sempre que supoñan dar pasos para lograr un mellor Narón”. 


Ferreiro expresou tamén o seu compromiso de escoitar e ter en consideración as propostas de tódolos grupos, marcando “unha liña vermella”: que sexan “positivas para o conxunto da veciñanza”, remarcou a líder de Terra Galega.

Marián Ferreiro asina a resolución das áreas que ostentarán os seus edís neste mandato

Te puede interesar