Narón habilita unha oficina de atención do servizo de limpeza e recollida de residuos

Narón habilita unha oficina de atención do servizo de limpeza e recollida de residuos
Trátase dunha mellora incluída no novo contrato do servizo I Concello

O municipio de Narón conta xa cunha oficina de atención presencial ao público relacionada co servizo de limpeza viaria e recollida de residuos sólidos urbáns, unhas instalacións na estrada de Castela 562 (Piñeiros) que visitaron hoxe a alcaldesa, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Servizos, Ibán Santalla.


Tal e como indicou a rexedora, o local permanecerá aberto á cidadanía dous días á semana, concretamente os martes e xoves. Atenderase á cidadanía en horario de mañán, de 10.00 a 12.00 horas, co fin de solventar calquera xestión dos residentes de maneira presencial. “Esta é outra das melloras incluídas no novo contrato do Servizo de Limpeza Viaria e recollida de Residuos Sólidos Urbáns da Cidade, en cuxo prego quixemos incorporar este novo servizo co fin de ofrecelo ás persoas que o precisen”, apuntou Ferreiro.


“Somos parte da nosa cidade, coidémola” é o lema elixido por parte do Consistorio naronés para concienciar e sensibilizar á poboación sobre a importancia de manter limpa a localidade; unha frase que figura na fachada desta nova oficina.


“Queremos que as veciñas e veciños que teñan algunha dúbida ou algunha suxestión sobre o servizo teñan unha nova canle de comunicación, neste caso un espazo físico no que reciban atención persoalizada para poder abordalo co fin de facilitar a súa tramitación e ofrecer as mellores garantías da eficiencia do traballo que se realiza nesa área”, sinalou a alcaldesa.

Narón habilita unha oficina de atención do servizo de limpeza e recollida de residuos

Te puede interesar