Neda adxudica por máis de 58.000 euros a pavimentación de camiños na parroquia de Anca

Neda adxudica por máis de 58.000 euros a pavimentación de camiños na parroquia de Anca
Os viais atópanse na actualidade en malas condicións I Concello

O executivo nedense vén de adxudicar por 58.250 euros os traballos de acondicionamento de varios camiños en Vilar-A Lobeira, na parroquia de Anca. Desde o Concello indican que as obras permitirán mellorar a seguridade viaria nun tramo da rede municipal de pistas, pavimentado na actualidade por medio de regos asfálticos, “que se atopa en malas condicións”.


As tarefas previstas consistirán na limpeza e roza das marxes da vía; as tarefas de rebacheo naqueles puntos que se atopan máis deteriorados; o aglomerado en quente de 500 metros de camiño; a instalación de canaletas para a recollida de augas pluviais e a correspondente instalación da sinalización horizontal e vertical. 

 

A empresa encargada de acometer a intervención será Hordescon S.L. Os traballos estarán cofinanciados pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e inclúense no Plan de Mellora de Camiños Rurais 2023-2024. “As obras previstas facilitarán o tránsito rodado, contibuíndo ademais a facer máis seguro o uso por parte dos viandantes”, indica o Concello. 

Neda adxudica por máis de 58.000 euros a pavimentación de camiños na parroquia de Anca

Te puede interesar