Un total de 1.396 escolares asistirán esta semana ás representacións programadas no Pazo da Cultura con motivo da 39ª Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil (MOTIX) de Narón, que organiza o Padroado da Cultura en colaboración coa Deputación da Coruña. As representacións iniciadas o pasado 23 de outubro continuarán hoxe e tamén mañá e o xoves, coa compañía Mar-Mar Teatro, que subirá ao escenario do Pazo para representar a obra “Un pez en el corazón”.
Nesta xornada acudirán ás 10.00 horas un total de 243 escolares dos colexios Ayala e Virxe do Mar, de Narón e tamén de Mercedarias, de Ferrol e San Isidro, de Neda; A Xunqueira, de Fene, e Ledicia, de Ferol asistirán á segunda función, ás 12:00 horas, con outros 230 alumnos e alumnas da Solaina, en Narón, do San José De Pontedeume; o Juan de Lángara de Ferrol e do CPI de San Sadurniño.
Na xornada de mañá pasarán polo Pazo da Cultura, 480 escolares máis –de 3 a 5 anos– dos centros Santiago Apóstol, O Feal, Ponte de Xuvia, CPR Jorge Juan e CRA do Val, de Narón; Maciñeira, de Neda; Santiago Apóstol e Unión Mugardesa e As Mirandas, de Ares e Mugardos respectivamente. O xoves asistirán 445 escolares dos colexios de Piñeiros, CRA de Domirón e Sedes e da Gándara, de Narón; Ponzos, de Ferrol, Semente de Trasancos, Centieiras, O Ramo e Os Casais, de Fene e o CRA de Valdoviño.
As representacións programadas continuarán durante todo o mes, estando previstas o 14 e 15 os espectáculos “Hugo”, de Os Náufragos Teatro; e os días 20, 21 e 22 a de “Ándale!!! Buen apetito!!!”, de Ghazafelhos.
Tanto no día de hoxe como na xornada de mañá así como tamén na do xoves o Auditorio de Narón acollerá tamén este espectáculo, “Un pez en el corazón”, dirixido especialmente a público infantil.