O programa do Festival Irmandiño recolle un sinfín de actividades para todas as idades

O evento arrincará hoxe a última hora e ocupará toda a fin de semana
O programa do Festival Irmandiño recolle un sinfín de actividades para todas as idades
O asalto infantil ten unha gran acollida | EMILIO CORTIZAS

Cando o cartel dos Irmandiños veu a luz nas redes sociais houbo quen levou as mans a cabeza pensando que a obra de Silvia Calvo –unha homenaxe que recolle os nomes de tódolos grupos que pasaron polos escenarios de Moeche– eran os artistas invitados de este ano, mais unha fin de semana non ten tantas horas.


Aínda así, a organización do evento chega con pesos pesados durante mañá e pasado. Hoxe, para dar o pistoletazo de salida, está convocada unha repichoca popular no campo do festival ás 22.00 horas.


Mañá, e tendo en conta que as noites dos venres adoitan ser longas, o festival comezará as 13.00 horas cunha actividade moi esperada. A entrada e visita guiada gratuíta ao castelo, que está dispoñible durante toda a tarde e na que se poderá desfrutar dunha gran exposición.


Os máis pequenos terán a tarde ocupada, xa que dende as 16.30 horás estarán habilitados xogos infantís e o asalto dos máis novos ao castelo de Moeche, seguido de xogos tradicionais ao lado do campo da festa. 


As actuacións musicais están programadas a partiren das 21:30 horas, coa actuación de NIMBOS. Serán interrumpidas as 00.30 horas para a lectura do pregón, a cargo de Mini Rivas, e o Asalto ao Castelo con recreación da queima da fachada do fortín.


A Banda das Crechas e Loita Armada serán os responsables de baixar o telón de mañá.

 

A despedida


O domingo ás 13.30 comezará unha sesión vermú –acto que comparten ambos días– e virá seguida dunha comida campestre á sombra da fortaleza. O xantar, progamado ás 15.00 horas terá un prezo de 8 euros por persoa.


O primeiro dos concertos, o de Faíscas da Pontraga, será ás 16:30 horas e No Cómbaro serán quen peche a edición número 45 de tan aclamado festival a partir das 17.30 horas. 


Como é costume, o evento repartirase entre os arredores da fortaleza medieval e o chamado “campo de Melle”, onde terán lugar as actuacións musicais da fin de semana. 
 

O programa do Festival Irmandiño recolle un sinfín de actividades para todas as idades

Te puede interesar