Xogos, deporte rural e moita música no XXVIII Festival do Río Castro, en Naraío

Xogos, deporte rural e moita música no XXVIII Festival do Río Castro, en Naraío
Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre actuarán a partir das 22.30 horas

Cunha intensa xornada desenvolverase hoxe en Naraío (San Sadurniño) a vixésimo oitava edición do Festival do Río Castro, evento impulsado pola Asociación Veciñal O Castelo que contará coas actuacións de destacados artistas como Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre, Carapaus e Mekánika Rolling Band (a partir das 22.30 horas) mais tamén coa participación das escolas de música tradicional do Concello de San Sadurniño, o que, para a organización, é tamén “un luxo”. O alumnado de Cantos de Taberna, de gaita e as cantareiras protagonizarán a sesión vermú prevista para as 14.00 horas.


Tralo xantar, comezarán as actividades pensadas sobre todo para os máis pequenos a través dos xogos participativos dirixidos por Sedega (a partir das 15.30 horas) para continuar a animación infantil ás 17.30 horas con Cé Orquestra Pantasma. Ás 18.30 horas será a quenda para o deporte rural, momento no que os grupos inscritos, que terán que ser paritarios, mediranse nos xogos do tiro da corda e do tronzador.
Os xa mencionados concertos poñerán o punto e final a un programa que conta coa colaboración do Concello, a Deputación, a Cooperativa de Meirás, o Xeoparque Cabo Ortegal e a fundamental implicación dos veciños.

Xogos, deporte rural e moita música no XXVIII Festival do Río Castro, en Naraío

Te puede interesar