NEDA | Cristina Bouza (BNG): “É importante que os veciños e veciñas estean contentos, con políticas que pensen no seu benestar”

NEDA | Cristina Bouza (BNG): “É importante que os veciños e veciñas estean contentos, con políticas que pensen no seu benestar”
Cristina Bouza, candidata do BNG

A candidata do BNG volve optar á Alcaldía cunha candidatura anovadora na que destaca a presenza de persoas activas no movemento asociativo e cunha idade media en torno aos 40 ou 50 anos. Son xente “preocupada por Neda, que desenvolve a súa vida profesional aquí e que están inquedos pola humanización do noso concello, por mellorar e aportar”. Fai unha valoración negativa do último mandato, que cualifica como “catro anos de oportunidades perdidas”. Aínda que é consciente de que “a primeira parte estivo marcada pola pandemia”, asegura que “houbo tempo despois para retomar moitas cousas”. 

 

Pon o foco no problema da perda de poboación –“non se trata de números, senón de que perdemos oportunidades de captar axudas a nivel extramunicipal”– e tamén nos atrancos para sumar novos habitantes que supón contar cun ordenamento urbanístico que non está actualizado. “O PXOM é unha ferramenta imprescindible para darlle a volta á situación. Temos zonas que a día de hoxe son de crecemento natural. Sabemos que non é café para todos pero hai núcleos que están ben definidos e que se poden expandir”. 

 

A base fundamental das súas políticas “son as persoas, contar con políticas que pensen no seu benestar” e, así, “conseguir que os veciños e veciñas estean contentos en Neda, con bos servizos, bo entorno para o lecer, boas comunicacións, participación, accesibilidade e unha aposta por ofrecer posibilidades de conciliación”.

NEDA | Cristina Bouza (BNG): “É importante que os veciños e veciñas estean contentos, con políticas que pensen no seu benestar”

Te puede interesar