A Xunta Electoral de Zona insta ao Concello de Neda a retirar informacións da páxina web

A Xunta Electoral de Zona insta ao Concello de Neda a retirar informacións da páxina web
Os feitos refírense a publicacións na web municipal nedense I AEC

A Xunta Electoral de Zona (XEZ) acordou instar ao Concello de Neda a retirar publicacións na páxina web que infrinxen a lei que rexe os procesos electorais ao facer referencia, a través dun medio oficial, aos logros obtidos pola formación política que encabeza a goberno local. 


A XEZ ordena o inmediato cese da difusión e a retirada destas noticias nas páxinas web oficiais do Concello, en tanto non transcurra o período electoral, a excepción das relativas ao cumprimento estrito dos requisitos de publicidade contidos nas bases das convocatorias para a concesión de subvencións.


Requírenlle ao alcalde, a través do secretario municipal, para que dea cumprimento ao acordo, baixo apercibimento de incurrir en delito de desobediencia. En todo caso, a Xunta considera que os feitos non revisten especial gravidade e que a súa incidencia no voto é menor, polo que non abre un expediente sancionador, aínda que podería facelo no futuro en caso de reincidencia. 


A decisión da Xunta Electoral responde a unha denuncia de Moveneda, que considera que o goberno local está a facer un uso partidista e electoralista dos medios de comunicación públicos do Concello. “Non é a primeira vez que o señor Alvariño incorre nestas prácticas. Nas pasadas eleccións de 2019, Moveneda viuse obrigada a denunciar similares publicacións partidistas ata por dúas veces, dándolle a XEZ a razón a Moveneda en ámbalas dúas ocasións”, lembran. Para a formación son feitos “dunha gravidade extraordinaria”.

A Xunta Electoral de Zona insta ao Concello de Neda a retirar informacións da páxina web

Te puede interesar