A asociación cultural Goethe de alumnos e exalumnos da Escola Oficial de Idiomas de Ferrol celebra esta tarde, a partires das 20.00 horas, a súa asemblea xeral ordinaria no salón de actos do centro, localizado na rúa Real.
Durante a xuntanza presentarase, como primeiro punto, a memoria de actividades do pasado curso, falarase da situación económica da entidade (seguros incluídos) e perfilarase unha programación de actividades para este curso que incluirá as propostas que fagan os seus socios para o curso que acaba de principiar. Nese sentido, cómpre lembrar que o ano que vén a asociación Goethe cumprirá un cuarto de século de traxectoria. O seu presidente, Manuel Yáñez, lembra ademais que seguen a ofrecer as actividades de español para o ensino e a integración de persoas extranxeiras na cidade.