O BNG súmase ás criticas por investigar ás persoas que pedían melloras no CEIP de Canido

Esixen ao alcalde de Ferrol que aclare, “de inmediato”, se o goberno local vulnerou a lei de protección de datos
O BNG súmase ás criticas por investigar ás persoas que pedían melloras no CEIP de Canido
Iván Rivas en imagen de archivo | Daniel Alexandre

O BNG esixe ao alcalde de Ferrol que aclare, “de inmediato”, se o goberno local vulnerou a lei de protección de datos “no informe elaborado polo departamento de Educación a respecto das sinaturas entregadas por Rexistro pedindo melloras no servizo de comedores escolares”, en referencia ás reclamacións da comunidade educativa do CEIP de Canido.


En comisión informouse sobre casos nos que as sinaturas eran de xente que non levaba aos seus fillos ao comedor ou de rúbricas de varios membros da mesma unidade familiar, avaliando o parentesco. Engadiuse que a fonte dos datos era o centro educativo.


O BNG reclama que na proxima comisión se informe de quen é a persoa responsable directa desta transmisión de datos “que vulnera os dereitos das persoas asinantes”. 

O BNG súmase ás criticas por investigar ás persoas que pedían melloras no CEIP de Canido

Te puede interesar