O bus para doar sangue estará esta semana en Narón e tamén nas Pontes

O bus para doar sangue estará esta semana en Narón e tamén nas Pontes
As unidades móbiles percorren toda Galicia para achegar a doazón aos veciños I EMILIO CORTIZAS

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) fai un chamamento xeralizado este Nadal a que as persoas que poidan se acheguen aos hospitais ou ás unidades móbiles que percorren cada semana o país para poder así manter as reservas e afrontar as emerxencias e operacións que se realizan nestas datas. Precísanse doazóns de todos os grupos sanguíneos.


Os autobuses que percorren Galicia para facilitar este acto a todas as persoas que o desexen, estarán esta semana nas Pontes e en Narón. No primeiro caso será o mércores e o xoves, na praza do Carme. O día 3 o horario será de tarde, de 16.00 a 21.00 horas. Mentres que o 4 poderase doar durante todo o día, de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00. En Narón, a unidade móbil ubicarase o venres 5 no Val, a carón da cooperativa, entre as 15.30 e as 21.00.


Ademais, está sempre dispoñible o local de doazón do hospital Arquitecto Marcide, no baixo, a carón da escaleira mecánica, fronte ao laboratorio. Abre os luns, de 15.00 a 22.00 horas; de martes a xoves, polas mañás, de 8.00 a 15.00; e os venres todo o día, de 8.00 a 22.00. Os doantes dispoñen de aparcamento gratuíto.


Os hospitais galegos precisan, indica ADOS, entre 400 e 500 doazóns diarias para levar a cabo de forma axeitada o seu labor asistencial.

O bus para doar sangue estará esta semana en Narón e tamén nas Pontes

Te puede interesar