A segunda quenda para examinarse da ABAU comezou este martes e rematará o xoves no Campus. Os alumnos matriculados na única comisión delegada de Ferrol superan os 200 para esta convocatoria.
Esta fase extraordinaria deu comezo ás 9.00 horas coa presentación, que ten o obxectivo de preparar aos estudantes para a maratón de exámes que vivirán nestes tres días. A duración desta toma de contacto é dunha hora, media menos que para o alumnado de Necesidades Específicas de Apoio Educativo –NEAE–, que tamén terá horarios particulares para os seus exames.
O centro das probas será a Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol –EPEF–, que é a comisión delegada número 5, e acollerá a 213 alumnos da área educativa.
Lingua Galega e Literatura é a primeira asignatura á que se terán que enfrontar os alumnos, ás 10.00 e 9.30 horas para NEAE. A seguinte proba, do primeiro idioma estranxeiro, comezará para todos ás 12.00 horas. Pola tarde, haberá un total de dez materias a examinar, das que os estudantes participan en dúas delas, dependendo da especialidade de cada un.