Canido acolle o Dia da criança galegofalante que organiza o colectivo Brincarmos

Canido acolle o Dia da criança galegofalante que organiza o colectivo Brincarmos
Cortizas é integrante do colectivo Brincamos | jorge meis

A primeira actividade pública do novo colectivo Brincarmos –integrado na asociación cultural Artábria– terá lugar mañá sábado no centro cívico de Canido. Concibido como un grupo de familias de Ferrolterra que reivindican o seu dereito a vivir en galego en todos os eidos, Brincarmos preséntase cunha xornada aberta a quen queira participar que comeza ás 12.00 cun obradoiro de danza a cargo de Repichoca Ferrol. Unha foliada e petiscos a partir da unha e un xantar propular –as persoas interesadas poden inscribirse no enderezo electrónico brincarmos@gmail.com– darán paso, na sobremesa, ao pregón da escritora Ánxela Loureiro, un “exemplo”, explican desde o colectivo.

 

“Queremos homenaxeala, desde a humildade, pola súa traxectoria e tamén porque a súa vivencia persoal nos parece moi interesante e inspiradora”, explica a membro de Brincarmos, Rosalía Cortizas. Tralo pregón, ás cinco presentarse o ilbro “Saínza, a punkieretera”, unha obra do ilustrador ortegano Cristian F. Caruncho e, para rematar, ás 18.30 horas, haberá un espectáculo clown e escapismo de Pajarito.

 

“O noso obxectivo é ofrecerlles ás crianzas referentes en que poder fixarse, referentes de todas as idades que lles demostren que se pode vivir e traballar en galego”, sinala Cortizas. 

Canido acolle o Dia da criança galegofalante que organiza o colectivo Brincarmos

Te puede interesar