Canido suma arte e cor no derradeiro día das Meninas

Canido suma arte e cor no derradeiro día das Meninas
Unha das obras que As Meninas deixan no barrio alto da cidade I Emilio Cortizas

O festival de arte urbana Meninas de Canido despídese hoxe da presente edición sumando novas caras e escenas nas paredes dos inmobles do barrio.


Aínda que algunhas foron de-saparecendo por obras nos edificios, Canido vaise enchendo de pezas que son xa arte vivo para residentes e visitantes.


A xornada de onte foi especialmente activa, sobre todo tras a choiva que caeu o venres e que desluciu a participación e sobre todo, o poder desfrutar das Meninas como museo ao aire libre.


Os grandes cadros urbanos de  Alejandro Fernñandez, Toni Espinar, Gonzalo Alonso, Shfir, Jaume Molera, Zoroo ou Andrés Gabarres, entre outras moitas de diferentes tamaños, contidos e formas foron tomando forma e rematándose para que nesta última xornada o cambio sexa xa evidente.


Ademais do paseo polo barrio, a actividade completarase con música e charlas. 

 

Propostas
  • Actuacións musicais: Broken Peach (13.30 horas); Los Alcántara (18.00); Martín´s Aneiros Band (20.00 horas. Parque Antón Varela).
  • Programación cultural:
    Obradoiro tencil de Lorenita no future (11.00 horas, centro cívico); charla coloquio sobre grafitti e hip hop (12.00 h. Museo SGHN), baile urbano (13.00 parque Antón Varela); proxección e palestra. (17.00 horas, SGHN).
  • Mercado creativo (Rúa Pérez Parallé).

 

 

Canido suma arte e cor no derradeiro día das Meninas

Te puede interesar