O CEIP Ledicia recolle firmas para reparar as instalacións

A iniciativa pode apoiarse na plataforma Change.org, á que se enlaza aquí
O CEIP Ledicia recolle firmas para reparar as instalacións
Imaxe de arquivo do CEIP Ledicia | JORGE MEIS

A ANPA do colexio Ledicia empezou unha recollida de firmas para reclamar unha acción urxente coa fin de que se leve a cabo o arranxo das instalacións, que se atopan deterioradas nas aulas infantís.


Como explican desde a asociación de nais e pais, nos últimos dous anos, os máis pequenos do centro educativo veñen sufrindo o estado de deficiencia das instalacións “aturando condicións indesexables causadas pola entrada constante da auga”. Apuntan, así que a agua que se filtra non só deteriora materiais e equipos eléctricos senón que tamén cae nos corredores provocando escorregamentos.

 

Destacan, tamén, que a clase de música e os corredores do primeiro e segundo andar están sufrindo o mesmo. Trátase, apuntan, de “infraccións de seguridade e non só infrinxen os dereitos dos nosos fillos a un ambiente seguro e propicio para a aprendizaxe, senón que tamén poñen as súas vidas en perigo”.


Por estas razóns, esixen dende a ANPA unha acción inmediata para arranxar as instalacións de xeito que se poda converter o centro nun “espazo seguro, limpo e tranquilizador que merecen os rapaces para a súa educación”. A chamada en busca de apoio faise a través deste enlace da plataforma change.org, onde se pode apoiar a petición. 

O CEIP Ledicia recolle firmas para reparar as instalacións

Te puede interesar