A actividade programática diseñada con motivo do Día das Forzas Armadas retómase hoxe con novas propostas. Así, durante a mañá, entre as 11.00 e as 13.00 horas, os escolares da contorna, cuxos centros o tiveran solicitado previamente, poderán visitar as dependencias do cuartel de Dores e Tercio Norte, onde poderán coñecer as históricas instalacións ou a exposición estática de vehículos e material. Así, haberá visitas guiadas entre as once da mañá e a unha do mediodía. Como broche, tamén se vai producir unha exhibición da Unidade Cinolóxica. A programación será idéntica na xornada de mañá.
As acción proseguen o xoves coa exhibición da Unidade Cinolóxica do Tercio Norte, que se desenvolverán na praza de Amboage (19 h.). O venres será a quenda do arriado da bandeira (Armas, 20.00 horas). Así mesmo, o un de xuño volverá a abrir as portas ao público o cuartel de Dores.
Comedor senior Río Xuvia
Tamén aproveitaron estes días de celebración na Armada desde a área municipal de Política Social e Inclusión, que dirixe Rosa Martínez, e que o pasado venres organizou unha visita por parte dos maiores que son usuarios do comedor sénior de Río Xubia, á exposición de Playmobil ubicada na Sala de Armas do Arsenal militar. Todos gozaron con esta mostra que rememora as batallas máis destacadas da Armada Española durante a historia. “Esta visita inclúese dentro do programa de envellecemento activo que temos en marcha co que pretendemos incrementar a participación das persoas maiores nas diferentes actividades que se desenvolven na cidade”, explicou Rosa Martínez Beceiro, ao tempo que lembrou que Ferrol “é membro da Rede Mundial de Cidades e Comunidades Amigables coas Persoas Maiores”, da Organización Mundial da Saúde”.