Comeza o ciclo “Olladas de muller” co filme rodado na comarca “Prefiro condenarme”

A película recupera a historia de Sagrario, unha mariscadora de Maniños
Comeza o ciclo “Olladas de muller” co filme rodado na comarca “Prefiro condenarme”
En novembro, o Duplex ofreceu dous pases con presentación | EMILIO CORTIZAS

A poeta e xornalista de Ombre, en Pontedeume, Eva Veiga Torre, coguioniza xunto á cineasta Margarita Ledo Andión a película “Prefiro condenarme”, que hoxe estrea o programa “Olladas de muller”, organizado pola Filmoteca de Galicia. Este é só un dos nexos coas comarcas de Ferrol e do Eume que presenta a obra, que roi rodada por múltiples puntos destes territorios.


O concello de Fene foi o primeiro destino da produtora, que comezou gravando por Perlío e continuou por Barallobre. Ademais, no municipio ferrolán rodouse en puntos como Covas e Recimil, amais doutros escenarios de Pontedeume e Mugardos. Aínda que a película tamén rexistra outros espazos da xeografía galega, como pode ser Santiago de Compostela ou Lugo, estas comarcas constitúen a parte fundamental.


Trátase dunha historia que necesariamente tiña que estar ambientada na zona de Ferrolterra, xa que a trama xira en torno á historia real de Sagrario, unha mariscadora de Maniños  maltratada polo seu home. Esta protagonista foi encarnada entre tres actrices, segundo o momento vital que se represente en cada caso: Mónica Camaño, Melania Cruz e Iria Pinheiro.


A proposta na que se inclúe este título, denominada “Olladas de Muller”, ofrece a proxección de 11 filmes e curtametraxes de autoría feminina, entre outras actividades, na sala José Sellier da Coruña, de balde. 

Comeza o ciclo “Olladas de muller” co filme rodado na comarca “Prefiro condenarme”

Te puede interesar